Seleccionar página

Lugo Máxico 2022

Artistas

Programa

Patrocinio

Lugo Máxico 2022*

A edición do LUGO MÁXICO 2022 faise grazas ó patrocinio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do goberno do Concello de Lugo. O evento está organizado e dirixido polo Mago Antón, impulsor desta e doutras actividades centradas nos espectáculos de maxia e que, ó longo dos anos, tiveron un significativo impacto no eido cultural do noso país.
Un dato a ter en conta é que todas as actividades do LUGO MÁXICO 2022 son gratuítas e de acceso libre para todo o público, ata completar o aforo dos recintos instalados pola cidade. Serán dous escenarios principais, un deles instalado na Praza Horta do Seminario (onde haberá unha gran carpa escura que acollerá as catro grandes galas do LUGO MÁXICO 2022); outras actividades terán lugar en distintas carpas e toldos instaladas na Praza Anxo Fernández Gómez, onde se realizarán actividades de carácter gratuíto e interactivas co público asistente. Non faltarán visitas de magos ás instalacións do HULA, para entreter a quen non poden desprazarse ós escenarios citados.
Agradecemos a participación do Concello de Lugo e da xerencia do HULA.
O LUGO MÁXICO 2022 chega cun sorriso.

27-28-29

Maio