Seleccionar página

Lugo Máxico 2025

Lugo Máxico 2025*

A edición do LUGO MÁXICO 2025 faise grazas ó patrocinio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do goberno do Concello de Lugo. O evento está organizado e dirixido polo Mago Antón, impulsor desta e doutras actividades centradas nos espectáculos de maxia e que, ó longo dos anos, tiveron un significativo impacto no eido cultural do noso país.
Un dato a ter en conta é que gran parte das actividades do LUGO MÁXICO 2025 son gratuítas e de acceso libre para todo o público, ata completar o aforo dos recintos instalados pola cidade. Non faltarán visitas de magos ás instalacións do HULA, para entreter a quen non poden desprazarse ós escenarios citados.
Agradecemos a participación do Concello de Lugo e da xerencia do HULA.
O LUGO MÁXICO 2025 chega cun sorriso.

19 ao 24

Maio